As Camelias
Hai quen rexeita as camelias por “sucias”, xa que as súas flores, unha vez marchitas, caian ao chan co fin de “facer sitio” para que se abran os seguintes capullos. Para evitar o molesto mar de flores marchitos por baixo dunha camelia, é moito mais recomendable arrincar as flores marchitas aínda estando na árbore.
Crear un hábito, de ir con frecuencia a recoller flores pasadas. Iso favorece a apertura das seguintes flores, e evita este aspecto de abandono, ou “sucio”, como se di, e será o que debe de ser: o árbusto máis fermoso do inverno.
Ao retirar as flores marchitas do pé da planta ambien evitamos as chamadas ” autoinfecciones” de fungos patógenos. Así, a planta estará moito máis sa e coidada. E dígovos por experiencia, ir co capacho a enchelo de flores pasadas ou marchitas de camelia, é reconfortante e relaxante, un gran traballo para un afeccionado á natureza.