Cada xardín e cada cliente é específico . Pódese realizar desde xardíns máis pequenos onde non se necesita realizar un estudo previo. Ata obras complexas onde hai que desenvolver unha serie de procedementos: medicións, análises, estudo, anteproxecto, proxecto.

Esta é a nosa forma de traballo á hora de realizar un xardín:

SEN PROXECTO

Xa teño o deseño feito.

Quero algo realmente simple e non fai falta facer o deseño (exemplo: un sebe, céspede e unha árbore ou pouca planta).

Prezo: Gratis
Entrégase só o orzamento, o plano ensínase no viveiro..

CON PROXECTO

Necesito ideas, consellos, recomendacións.

Quero facer o xardín por fases e necesito ter un concepto (unha guía).

Quero ter un xardín único/ de pouco mantemento.

Quero facer unha reforma do xardín abandonado ou mal mantido.

Prezo: desde 200 € (depende do tamaño, do terreo e dos requisitos do cliente)
Entréganse planos e orzamento da execución.

PROCEDEMENTOS PARA FACER UN PROXECTO

Primeira visita (normalmente é gratis, depende da localización).

Envíase o prezo do deseño.

Primeiro pago (50% do prezo do deseño).

Medicións no sitio.

Primeiros bosquexos xerais e conceptuais (anteproxecto).

Consultas co cliente para confirmar ou cambiar o deseño.

Deseño final (proxecto detallado).

Orzamento da execución do xardín.

Entrega do proxecto en formato electrónico- imaxes, pdf.

Segundo pago.

Nota: Os cambios pódense realizar na fase de anteproxecto, unha vez terminado o deseño final, os posibles cambios non estarán reflectidos no orzamento.

EXECUCIÓN:
A execución do xardín será dirixida polos técnicos que deseñaron o xardín. Así está asegurado que cada detalle será executado segundo o proxecto e o orzamento.