Pistachos ¿Por que non?

Cando falamos de pistachos, a todos se nos ven a mente ese maravilloso  e  adictivo froito seco que non podes deixar de comer. Hoxe a nosa intención, e ir un paso mais ala e falarvos sobre esta árbore  que podemos plantar no noso xardín.

A Pistacia Vera e unha árbore de crecemento lento, amplio, arbustivo, de tamaño pequeno-medio. Como peculiaridade resaltamos que as sua flores brotan  antes que as follas, tratase dun árbore dioico, necesita o menos un de cada sexo para obter froito, as arbores masculinos son xeralmente  mais altas que as femeninas.

Respecto o froito, tratase dunha drupa composta por un endocarpio (casca) e un mesocarpio carnoso e verde. A sua semente e verde pálido, e creese que canto mais verde mellor e a semente.

Se o que buscamos es unha boa producción debemos saber que  pode chegar a tardar entre 15 y 20 anos, xa que comenza seu estado de fructificación cando estes teñen entre 5 e 8 anos.

E unha árbore que resiste ben o vento e que medran mellor o sol,  necesitando verans calidos e invernos fríos, tolerando temperaturas de ata – 18 ºC.

En canto a semente podemos resaltar que utilizase para combatir a esclerose hepática, as doenzas abdominais, a dor peitoral e en problemas circulatorios.

¿Sabias que?

  • En países coma Líbano utilizan as suas follas para estimular a fertilidade.
  • Os árabes utilizan o see froito por ter efectos afrodisiacos.
  • Na India utilizase como tinte.
  • A sua  casca e ideal para realizar una boa compostaxe.
  • Son unha boa fonte de calcio, magnesio, vitamina A e C,  ofrece bos índices de potasa e fosforo  ademais non ten colesterol.
  • A masilla que se obtén do pistacho preve enfermidades dentais.

 

En definitiva, si tes gañas de facer a tua propia plantación de pistachos, no dubides en pasar pol noso centro donde te asesoraremos sobre as diversas variedades que podes plantar.

 

Imaxe de Pistacea Vera.