O CONCELLO DE MOS HOMENAXEA A VIVEIROS ADOA

O CONCELLO DE MOS HOMENAXEA A VIVEIROS ADOA TRALO PRIMEIRO PREMIO ACADADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE PONTE DE LIMA DE DESEÑO DE XARDÍNS

“O DIALOGO” foi o proxecto gañador deseñado pola arquitecta paisaxista Magda Jandova

A corporación municipal encabezada pola Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo rendeu na mañá de hoxe homenaxe a empresa VIVEIROS ADOA, representada nas persoas de Raúl González e Magda Jandova.

Adoa centros de xardinería ven de obter o pasado mes novembro o Primeiro Premio da 16 Edición do Festival Internacional de Ponte da Lima. Un referente a nivel mundial en deseño neste sector da Xardinera .

ADOA empresa afincada no Concello de Mos ven dende fai máis de 30 anos asesorando e realizando os xardíns de centos de clientes, consta dun equipo humano de máis de 40 persoas encabezado polo seu xerente e propietario Raúl González .

Destacar o traballo de Magda Jandova, arquitecta paisaxista da empresa a cal realizou o deseño do proxecto titulado “O Diálogo”, dentro do tema elixido para este ano no certamen : “As Relixións do Mundo”.