EXPERIENCIA
ADOA é unha empresa con máis de vinte e cinco anos de antigüidade no sector. Iniciou a súa actividade en Sanguiñeda – Mos e foi transformándose e adecuándose aos tempos ata constituír o que é hoxe en día, unha empresa consolidada no sector que iniciou o seu camiño no ano 1997 baixo a forma xurídica de sociedade limitada.
INSTALACIÓNS
Na actualidade posúe un centro situado nas proximidades da cidade de Vigo, cuxa superficie total supera os 11.000 m2. Nas súas instalacións realízase o ciclo completo de produción, crecemento e venda; ofrécese todo aquilo relacionado coa xardinería, o paisaxismo, o campo e o fogar, dende un cacto a unha oliveira de 1.000 anos de antigüidade, e un servizo integral de deseño, dirección e execución de proxectos.
O persoal de ADOA está composto por persoas altamente cualificadas: enxeñeiros, enxeñeiros agrónomos, paisajistas, deseñadores, especialistas en sistemas de rega, oficiais floristas, etc. Profesionais que ofrecen sempre unha esmerada atención ao cliente.